NORMAL convoca audicións para a selección de integrantes da Aula de Teatro, da Aula de Danza e da Aula de Música da UDC. O obxectivo destas tres formacións será a creación de cadanseu espectáculo que se representará no 29º Festival Internacional de Teatro Universitario (FITEUC), entre abril e maio de 2025. Os ensaios comezarán proximamente.
Se che interesa o teatro, a danza ou a música e queres formar parte dun proceso creativo, esta é a túa oportunidade para desenvolver as túas habilidades dentro dunha equipa artística.
Buscamos intérpretes de teatro e danza, cantantes, instrumentistas, bailaríns, compositoras/es, dramaturgas/os, axudantes de dirección, escenógrafas/os, iluminadoras/es, sonidistas…
Calquera que sexa o teu talento e consideres que pode aportar e enriquecer un proceso creativo enfocado á escena, será benvido/a.
Podes formalizar a túa inscrición cubrindo este formulario
Se queres consultar calquera dúbida, escríbenos a cultura.coruna@udc.es

