Conferencia e proxección — Día das Artes Galegas

Día das artes galegas

Con motivo do Día das Artes Galegas, NORMAL acollerá dous eventos dedicados á figura de Isaac Díaz Pardo.

O martes 1 de abril, ás 19:00 horas, a historiadora e investigadora Iria-Friné Rivera Vázquez impartirá a conferencia “A historia no deseño, o deseño na historia“. Durante a súa intervención, analizará a aplicación práctica de modelos, precedentes e estéticas previas que Isaac Díaz Pardo incorporaba aos seus proxectos. Ademais, afondará nas múltiples influencias recoñecibles na súa obra, especialmente na dinámica herdada do seu pai, Camilo Díaz Baliño.

O mércores 2 de abril, ás 16:30 horas, proxectarase o material audiovisual que acompaña o libro Doutor Isaac Díaz Pardo, publicado en 2011. Esta obra recolle o acto de investidura de Díaz Pardo como Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña en 2007 e inclúe os documentais A construción cultural e Memoria viva. O primeiro conta con intervencións de poetas e artistas, mentres que o segundo presenta testemuños de figuras da cultura galega como Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Mariví Villaverde e Beatriz Amigo.

Ambos eventos terán lugar no Cubo de NORMAL e permitirán achegarse á vida e legado de Isaac Díaz Pardo, unha figura fundamental na cultura galega contemporánea.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings