O 30 de maio ás 20:00 h. na Sala Cubo de NORMAL.
Parlamento arredor de distintas investigacións no eido da arte, a ciencia e a filosofía do movemento que conforman o proceso de traballo do coreógrafo galego Javier Martín. Texturas, topoloxías, percepción, fluxos, carne e complexidade son algúns dos asuntos que, extraídos da práctica, relaciónanse co performativo, a creación e a memoria. A intención é comunicar diversos mapas físicos e conceptuais acerca do corpo, que potencien a evolución individual, social e política. Arguméntanse os contidos postos en xogo co corpo, a palabra e apoio multimedia (fragmentos de películas, danzas de orixe e vangarda, imáxes anatómicas…).
Esta conferencia desenvólvese co motivo do fin dunha residencia online de escritura e investigación que o bailarín desenrolou durante o mes de abril, e otorgada desde O Porto polo Centro de artes performativas e imagem em movimento balleteatro
(http://www.balleteatro.pt/), financiada a través de dgartes Direçao-Geral das Artes.
O resultado desta residencia pódese consultar aquí: https://bt.balleteatro.pt/Residencias-Artisticas-online/javiermartin/
[duración: 1 hora e cuarto + debate]
Imaxe – Leo López

