
Datas de inscrición: do 23 de setembro ata o 2 de outubro
Días de realización: mércores, de 18:00 a 20:00 horas (periodicidade quincenal)
Ler adoita considerarse unha actividade solitaria, pero ficar só con ese aspecto é perder a outra metade: a da socialización da lectura. A literatura alimenta, máis tamén ten que ser alimentada.
No club de lectura de Normal, que se reúne os mércores de 18 a 20 horas de xeito quincenal, comentamos o libro lido na casa (temática, estilo, acción, personaxes, sensacións…) fomentando o debate san e a participación de persoas moi diversas. Non se pretende facer unha análise exhaustiva da obra, senón incrementar o pracer da lectura transcendendo do individual ao colectivo e descubrindo novos puntos de vista. As obras e autores e autoras a ler escolleranse atendendo á súa importancia, pero tamén á variedade: diferentes países e linguas de orixe, en galego e castelán, novela, ensaio, cómic, teatro… Libros que ao mellor ti nunca escollerías poden converterse no teu favorito.
DÍAS DE REUNIÓN
- Mércores, 14 de outubro
- Mércores, 28 de outubro
- Mércores, 11 de novembro
- Mércores, 25 de novembro
- Mércores, 09 de decembro
- Mércores, 13 de xaneiro
- Mércores, 27 de xaneiro
- Mércores, 10 de febreiro
- Mércores, 24 de febreiro
- Mércores, 10 de marzo
- Mércores, 31 de marzo
- Mércores, 14 de abril
- Mércores, 28 de abril
- Mércores, 12 de maio
- Mércores, 26 de maio
- Mércores, 09 de xuño
No botón inferior podes facer a túa
Antía Yáñez
Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola UDC, na actualidade dedícase á escrita e á docencia. Algunhas das súas obras son O misterio de Portomarín (Galaxia, 2016), O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019), Senlleiras (Premio Illa Nova 2018, Galaxia), A Reconquista (Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, Baía Edicións, 2018), Be Water (finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, Cuarto de Inverno, 2019) e Be Water II (2025), Plan de rescate (Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, incluída na lista IBBY, Xerais, 2020, traducido a castelán e catalán), Non penses nun elefante rosa, publicado en galego por Xerais e en castelán e catalán por Contraluz (2022) e O clan das barbies (Xerais, 2024; traducida a catalán e castelán en Contraluz). En 2026 publicou A eiruga rabuda (Xerais) e Bragakadabra (Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil, Xerais).
É membro do comité de redacción da revista Luzes e cos seus traballos no eido xornalístico gañou os premios Johan Carballeira(2022) e As mulleres que opinan son perigosas (2024). É finalista do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego 2026.
