Charla do escritor Manuel Rivas en NORMAL, con motivo do Día das Letras Galegas 2025

Manuel Rivas

No marco das actividades organizadas para celebrar o Día das Letras Galegas, o 16 de maio as 18:00 h terá lugar a charla de Manuel Rivas, un dos escritores máis importantes da literatura galega contemporánea, Premio Nacional das Letras Españolas 2024 e Premio CEDRO 2025 polo seu activismo na defensa dos dereitos de autor e da propiedade intelectual. Na súa charla, Rivas compartirá as súas reflexións sobre as temáticas presentes no seu último libro, Tras do Ceo (2024).

Manuel Rivas é contrabandista de palabras e argalleiro de vidas. As súas historias enchen o corazón de milleiros de lectoras e lectores mundo adiante. 

Na súa obra narrativa, escrita en galego, traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias internacionais, destacan títulos como Un millón de vacas (1989), Os comedores de patacas (1991), En salvaxe compaña (1994), Que me queres, amor? (1996), O lapis de carpinteiro(1998), Os libros arden mal (2006), Todo é silencio (2010), As voces baixas (2012), O último día de Terranova (2015), Vivir sen permiso e outras historias do Oeste(2018) e Tras do Ceo (2024). 

Entre as súas obras de poesía figuran A desaparición da neve(edición cuatrilingüe, en galego, castelán, catalán e éuscaro, en 2009), A boca da terra  (2016) e O que fica fóra (2021). Entre os seus ensaios máis recentes, de natureza crítica, destacan Contra Todo Isto(2018) e Zona a defender: a esperanza indócil (2020).

Nacido na Coruña, en outubro de 1957, Manuel Rivas comezou a traballar de aprendiz en El Ideal Gallego aos 15 anos. Estudou Ciencias da Información en Madrid e colaborou en medios de prensa, radio e televisión. Foi correspondente de El País en Galicia, director da revista independente Luzes de Galiza e, na actualidade, codirixe a nova Luzes.  Unha selección das súas reportaxes, El periodismo es un cuento, estúdase como libro de referencia en varias facultades de xornalismo.  

As súas obras mereceron o premio da Crítica, galega e española, en seis ocasións. Foi premio nacional de Narrativa por Que me queres, amor? e premio de honor das Letras Españolas en 2024.  

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings