Autor: juanjo
-
Convocatoria de matrícula nos obradoiros do 1º cuadrimestre do curso 2023/2024
✴︎
Matrícula aberta desde o 13 de setembro Ofértanse os seguintes obradoiros de 15 ou 30 horas: Obradoiros presenciais en NORMAL: Danza contemporánea Danzas urbanas Interpretación. Iniciación ao teatro Interpretación. Nivel 2 Guionistas en serie Creación musical e novas tecnoloxías Escrita creativa Introdución á fotografía: técnica, luz e linguaxe visual Baile e música tradicional Obradoiros presenciais…
-
A compañía Chévere en NORMAL: “Pequenas mentiras para contar grandes verdades”
✴︎
Xoves 14 de setembro ás 20:00 horas.Función de Chévere con motivo da apertura de curso. Entrada de balde. O vindeiro xoves 14 de setembro, ás 20:00 horas, a compañía Chévere Teatro presentará “Pequenas mentiras para contar grandes verdades” na Sala de Exposicións de NORMAL. O espectáculo, con formato de conferencia teatralizada, está protagonizado por Patricia…
-

Seleccionados III Edición do Programa de Residencias Artísticas
✴︎
Sabrina Fernández Casas (Xenebra, 1988) e Diego Vites (O Grove, 1986) xunto con Violeta Iglesias (Ribeira, 1998) resultaron gañadores da III Edición do Programa de Residencias Artísticas en colaboración coa UDC a través de NORMAL-Espazo de Intervención Cultural. Sabrina Fernández Casas presentou “Alboroque”, un proxecto que propón o achegamento ao traballo das Brigadas Deseucaliptizadoras…
-

Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas
✴︎
Sala Cubo de Normal. Sábado, 1 de xullo de 2023 Esta xornada pretende pór en valor o canto acompañado con percusión de man, unha forma de literatura/música de transmisión oral historicamente protagonizada por mulleres no territorio galego. A través de material audiovisual, charlas, obradoiros e un concerto didáctico, exploraremos aspectos históricos e actuais desta arte.…
-

Recital poético “Un intre revelador” con Olga Novo (Premio Nacional de Poesía 2020 co poemario Feliz Idade).
✴︎
No Cubo de Normal o venres 26 de maio ás 19.30 h. En maio, o mes das letras, Normal colabora con este recital público. O recital contará coa participación de Jesús Castro, Ana Hernández, Adrián Maceda, Alba de Vega, Carmen Villar e Esmeralda Quiroga, persoas que participaron previamente no obradoiro 12miradas con Olga Novo, dentro do…
-
Xornada de actividades complementarias da exposición: Derrotas, formas de pensar
✴︎
O sábado día 22 de abril, en horario de 10 a 14.30 horas, poderase visitar a exposición e participar nas actividades complementarias programadas 10.30h Vicente Blanco e Salvador Cidrás: Escola imaxinada Escola imaxinada é colectivo independente que tenta achegar ás escolas diferentes metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos…
