Iniciación á Danza Contemporánea

Neste curso achegaremos a danza contemporánea a todas aquelas persoas, con ou sen experiencia previa, interesadas en traballar desde o corpo.

nn

A partir das diferentes técnicas e estilos de danza contemporánea traballaranse os conceptos corporais básicos. Ademais, coñeceremos outras formas de composicións coreográficas a partir de improvisacións e xogos escénicos.

nn

A metodoloxía empregada constará de clases guiadas e de exploración persoal, con exercicios individuais, de parellas ou de grupo e xogos de improvisación. Durante as aulas traballaranse os seguintes contidos:

nn

– A conciencia do corpo e do corpo en movemento.

nn

– Dimensión espacial e rítmica do noso corpo.

nn

– Conceptos básicos: traballo ad curva e release, traballo de chan, eixo, cambio de peso, caídas e rodamentos.

nn

– Exercicios de composición coreográfica.

nn

Os obxectivos que persegue este curso son:

nn

– Mostrar a danza como unha rama artística que ten a capacidade de expresar calquera sensación, experiencia ou pensamento propio, nun acto comunicativo único.

nn

– Descubrir o noso corpo como instrumento de comunicación por medio do movemento, un movemento que é único e diferente en cada persoa.

nn

– Experimentar os conceptos básicos da danza contempóranea.

nn

Imparte o curso Rut Balbís, intérprete de danza, coreógrafa e bailarina da compañía Pisando Ovos, ademais de coordinadora da Aula de Danza NORMAL.

nn

nnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn

Datas: todos os mércores entre o 17 de febreiro e o 1 de xuño de 2016.
Horario: de 19:30 a 21:30 horas (30 horas en total).
Lugar: aula de Danza de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula)
Participantes: máximo 25 persoas (non é precisa experiencia previa)

nn

Matrícula:
nO prazo de matrícula e pagamento comprende desde o 28 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2016. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
nAs incidencias da matrícula en liña nos obradoiros, serán atendidas no correo info@istoenormal.org ou no teléfono 881 014 502 en quenda de mañá.

nn

Máis información en:
nNORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
nTF: 881 014 502 Mail: info@istoenormal.org

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings