A Universidade da Coruña convoca as Actividades Culturais 2026 destinadas a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2020.
Realizaranse actividades vinculadas ás artes e á cultura galega (tradición, patrimonio, creación contemporánea, etc.
- Artes plásticas e de creación: traballar e coñecer diferentes técnicas, como poden ser: collage, modelado, reciclaxe creativa, mural colectivo, técnicas sinxelas de impresión/gravado, ilustración, banda deseñada, etc.
- Música e tradición galega: traballar e coñecer xogos rítmicos, percusión corporal e instrumentos de man mediante un enfoque inclusivo, cooperativo e coeducativo, respectando a sensibilidade auditiva e favorecendo o coñecemento do noso patrimonio e identidade
- Artes escénicas: narración oral, contacontos, sombras, pequenas escenas e dinámicas de expresión corporal.
- Fomentar a divulgación e a cultura científica en clave cultural realizando pequenos obradoiros con enfoque divulgativo e vocabulario galego
- Realizar unha saída por quenda a un lugar cun espazo expositivo cultural, científico ou patrimonial próximo
Datas, horarios e espazos
Espazo: Facultade de Ciencias da Educación en Elviña
Datas:
- 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
- 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
Horario das actividades: De 9:00 a 14:30h.
Haberá, como mínimo, un/unha monitor/a dispoñible 30 minutos antes do comezo das actividades para a recepción dos/as nenos/as, na Aula Multiusos da Facultade de Ciencias da Educación, así como 30 minutos logo do remate, para a recollida por parte das persoas autorizadas
Horario de comedor (opcional) de 14:30 a 15:30 h. Na cafetería da Facultade de Ciencias da Educación. O pagamento farase polo período completo do campamento, ao número de conta do propio comedor.
Proximamente poderá consultarse o programa completo de actividades nesta mesma web.
Prazos de inscrición
Comezo:
Para fillos de traballadoras/es da UDC (PTXAS, PDI e PCTI) e alumnado: 5 de xuño ás 9:00 da mañá
Para persoas externas: 12 de xuño ás 9:00 da mañá
Fin:
Para inscricións na primeira quincena de xullo: 23 de xuño ás 13:00h
Para inscricións na segunda quincena de xullo: 3 de xullo ás 13:00h
Todas as inscricións e pagamentos serán en liña.
As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo.
Titorial de como dar de alta e inscribir ao/á fillo/a
- Para fillos/as de traballadores/as (PTXAS, PDI e PCTI) da UDC. TITORIAL
- Para fillos/as de Persoas Externas á UDC. TITORIAL
Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar unha copia do Libro de Familia.
Descontos nas tarifas dun 10% para o/a segundo/a fillo/a e para todos os membros no caso de Familia Numerosa (deberán de presentar o Título de Familia Numerosa) ou familia cunha única persoa proxenitora (deberán achegar certificado de familia monoparental)

