A UDC clausura a exposición «A Coruña, porto negreiro» cunha conversa arredor da historia, o colonialismo e a identidade 

O encontro terá lugar o martes 15 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala Cubo de NORMAL

A exposición «A Coruña, porto negreiro» chegará ao seu remate cunha conversa aberta sobre a memoria colonial, a súa configuración social e as pegadas que ese pasado continúa deixando a día de hoxe no contexto da cidade.  

O encontro titulado «A Coruña, porto negreiro. Historia, colonialismo e identidade», terá lugar o martes 15 de setembro, ás 19:00 horas, na Sala Cubo de NORMAL, e nela participarán a escritora e tradutora María Reimóndez, e ambas as comisarias da exposición: a investigadora Cristina Botana e a xornalista e investigadora Zinthia Álvarez Palomino; exercerá de moderadora Yosehanna Ledesma

Nun momento marcado polos recentes acontecementos en Ceuta, onde a chegada de persoas migrantes veu acompañada de discursos de rexeitamento, mobilizacións e un intenso debate público sobre as fronteiras, a convivencia e os dereitos humanos, esta palestra propón unha reflexión colectiva sobre as pegadas do colonialismo na cidade da Coruña, os silencios da memoria oficial e a necesidade de construírmos novas narrativas desde unha perspectiva crítica e antirracista. 

A partir das cuestións que atravesan a propia exposición —que historias foron contadas, cales quedaron fóra e como esas herdanzas continúan presentes no espazo urbano e nos imaxinarios actuais—, as participantes abrirán un espazo de diálogo compartido para pensar como as lóxicas coloniais seguen atravesando as nosas sociedades e que futuros comúns podemos construír desde a memoria, a xustiza e o recoñecemento.  

Neste sentido, preténdese abrir un espazo de diálogo sobre a construción de futuros comúns baseados na memoria, a xustiza e o recoñecemento. 


PARTICIPANTES

María Reimóndez é doutora en Tradución e Interpretación, tradutora e intérprete, escritora e activista galega. Desenvolveu unha ampla traxectoria nos ámbitos da literatura, a tradución feminista e descolonial, os feminismos, a hexemonía lingüística e os enfoques LGTBIQA+. É fundadora de Implicadas no Desenvolvemento e da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. Entre os seus recoñecementos figuran o Premio Plácido Castro e o Premio Follas Novas á mellor tradución. A súa obra máis recente é A casa do amo. Unha análise do discurso colonial e racista na literatura galega (Pol·len, 2026). 

Cristina Botana é doutora en Arquitectura e Urbanismo pola UDC e mestrada en Cidade e Urbanismo pola UOC. Docente e investigadora na UDC e na UOC, desenvolve o seu traballo arredor dos estudos urbanos críticos, as prácticas informais, os ecofeminismos, o territorio e o pensamento descolonial. Foi investigadora posdoutoral Juan de la Cierva na USC e é directora da Escola Decolonial Galega. Entre outros proxectos, codirixiu A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade e foi galardoada co Premio COAG 2019 de Divulgación, Investigación e Deseño pola exposición Éxodo.  

Zinthia Álvarez Palomino é xornalista e investigadora especializada en migracións, memoria e enfoque descolonial. Doutoranda en Estudos Culturais: Memoria, Identidade, Territorio e Linguaxe pola USC, conta con formación especializada en pensamento caribeño e feminismo descolonial. É impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo

A conversa estará moderada por Yosehanna Ledesma, graduada en Comunicación Social pola UASD e en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola UDC. É técnica do Programa sensibilización contra o racismo e a xenofobia en Accem, coordinadora do grupo de participación de EAPN Galicia e forma parte do colectivo Afrogalegas. Tamén desenvolve actividade como comunicadora, formadora e colaboradora en distintos medios.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings