A UDC acolle a estrea en Galicia de “For Philip Guston”, de Morton Feldman

ARXIS Ensemble e a asociación cultural Aïs presentan en concerto For Philip Guston (1984), unha das obras máis singulares e transcendentais do compositor estadounidense 

A Universidade da Coruña acollerá en NORMAL o vindeiro 24 de outubro, ás 18:30 h, a estrea en Galicia de For Philip Guston, unha das obras máis relevantes da última etapa do compositor estadounidense Morton Feldman (1926-1987). 

A proposta, organizada por Arxis Ensemble& Asociación Cultural AÏS, e que se acolle en NORMAL, Área de Cultura da UDC, reunirá a Clara Giner Franco, frauta; Noè Rodrigo Gisbert, percusión; e Magdalena Cerezo, piano. 

Composta en 1984 como homenaxe ao pintor estadounidense Philip Guston, For Philip Guston é unha obra de aproximadamente catro horas de duración na que Feldman explora as relacións entre tempo, percepción, memoria e materia sonora. 

A composición constrúese a partir de repeticións, silencios, resonancias e pequenas variacións. Os materiais musicais reaparecen ao longo da obra, mais nunca exactamente do mesmo xeito, creando unha experiencia en que a atención e a percepción do oínte pasan a formar parte esencial da propia música. 

A relación coa pintura de Guston non se formula desde a ilustración, senón desde unha concepción compartida do tempo e da forma. Feldman traslada á música unha maneira de entender a materia artística propia das artes visuais, nunha proposta en que o tempo deixa de ser simplemente a duración da obra para converterse nun dos seus principais materiais. 

Estreada en Buffalo en 1985, For Philip Guston está considerada unha das grandes composicións de longa duración do repertorio contemporáneo. A súa instrumentación reúne frauta, percusión e piano/celesta, nunha combinación que Feldman emprega para construír unha paisaxe sonora de extraordinaria delicadeza. 

Arxis Ensemble

Arxis Ensemble é unha formación galega dedicada á interpretación e difusión da música dos séculos XX e XXI. O ensemble centra a súa actividade no repertorio contemporáneo e na creación actual, combinando obras fundamentais do século XX con novas propostas e proxectos de carácter interdisciplinar. 

A súa traxectoria inclúe a participación en festivais e espazos nacionais e internacionais, así como a colaboración con compositores e intérpretes especializados na creación contemporánea. Entre os seus proxectos destaca a súa vinculación co Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña. 

Nesta ocasión, a formación estará integrada por: 

–   Clara Giner Franco · frauta @clara.giner.franco 

–   Noè Rodrigo Gisbert · percusión @noerodrigogisbert 

–   Magdalena Cerezo · piano @magdalena_cerezo_falces

A interpretación de For Philip Guston suporá a estrea da obra en Galicia. 

A Asociación Cultural AÏS é unha entidade dedicada á promoción da creación contemporánea e responsable da organización do Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña. Este concerto conta co apoio da Deputación da Coruña.  

Ficha da actividade


For Philip Guston (1984) 
Morton Feldman 

🎼 Arxis Ensemble: 
     Clara Giner Franco · frauta  
     Noè Rodrigo Gisbert · percusión
     Magdalena Cerezo · piano

📅 24 de outubro 
🕡 18:30 h 
📍 Sala de exposicións, NORMAL 

🎼 Organiza: Asociación Cultural Aïs & Arxis Ensemble, en colaboración coa UDC, NORMAL e a Deputación da Coruña 

 

Os intérpretes 

Clara Giner Franco é frautista especializada en música contemporánea e cofundadora de Duet 2.26 —formación coa que obtivo o Premio Nicati de Música Contemporánea en 2023—, eeek ensemble e Holst Sinfonietta Freiburg. Tamén forma parte de Arxis Ensemble e da Holst Sinfonietta Freiburg A súa actividade desenvolveuse en festivais como Lucerne Festival, Münchener Biennale, MITO – SettembreMusica, Ensems ou Festival RESIS, e colaborou con formacións como Collegium Novum Zürich, Ensemble Contrechamps, Lucerne Festival Contemporary Orchestra e a OBC. En 2023 completou o Máster en Música Contemporánea na Hochschule für Musik Basel FHNW (Suíza), onde obtivo a máxima cualificación e o premio ao mellor proxecto de máster do curso 2022/23. 

Noè Rodrigo Gisbert é percusionista especializado en música contemporánea e nova creación. Membro de Asko|Schönberg ensemble, director artístico e membro fundador de Arxis Ensemble e Arxis Percussion Group, desenvolve tamén unha ampla actividade como solista e intérprete de música de cámara. Actuou en festivais e salas internacionais como Printemps des Arts de Monte-Carlo, o Festival Internacional de Granada, o Festival Internacional de Edimburgo, Elbphilharmonie de Hamburgo, Muziekgebouw de Ámsterdam ou Pierre Boulez Saal. Na tempada 2025-2026 debutou coa Real Filharmonía de Galicia e coa Orquestra da Universidade de Atlanta, Xeorxia. É, ademais, coordinador artístico do Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña. 

Magdalena Cerezo é pianista especializada en música contemporánea e membro honorífico de Arxis Ensemble. A súa actividade artística céntrase na investigación sobre o papel do piano na creación actual e na súa relación coas artes performativas e multimedia. Traballou con compositores como Beat Furrer, Helmut Lachenmann, Rebecca Saunders e Bernhard Lang, e estreou obras de Peter Ablinger, Sara Glojnarić, Benjamin Scheuer ou Fabián Panisello. Ten colaborado con formacións como Plural Ensemble, Ulysses Ensemble, New Music Forum Ensemble Ljubljana ou Ensemble Courage Dresden, e actuou en espazos como a Berliner Philharmonie, Kölner Philharmonie, Auditorio Nacional de Madrid, Staatsoper Stuttgart e Centre Pompidou de París. Foi artista en residencia da Cité Internationale des Arts de París e recibiu, entre outros, o primeiro premio do Kulturfonds Baden-Wolfgang Rihm e o John Cage Interpretation Award. 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings