Solicitude de entradas para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia do 7 de novembro de 2026

A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 7 de novembro de 2026.

Data: Sábado 7 de novembro de 2026 ás 20:00 h

Lugar: Pazo da Ópera 

Prazo de solicitude: xoves 29 de outubro de 2026 das 15:00 ás 17:00 horas.

Para solicitar as invitacións haberá que cubrir o formulario que se atopa a continuación:


CALQUERA CONSULTA relacionada con esta repartición debe dirixirse aos enderezos electrónicos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal, ou aos teléfonos: 

881 014 502, 881 013 697 ou 881 014 511 (quenda de mañá) ou 881 014 518 (quenda de tarde) 

Unha vez cuberto o número de persoas necesarias para o reparto e para elaborar unha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.

 

Richard Egarr director

Elionor Martínez, soprano
Helena Ressurreição, mezzo
Vicent Romero, tenor
Sebastiá Peris, barítono


Coro da Sinfónica de Galicia
Javier Fajardo, director do coro

Recollida

As persoas que teñan dereito ás entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas e os días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existiren renuncias. As persoas que non reciban correo ningún é porque non teñen dereito a entrada.

Condicións

  • Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades. 
  • A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles. 
  • Para a solicitude de entradas deberase acceder ao formulario co correo electrónico con dominio UDCque se lle facilita ao alumnado. 
  • Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2026/2027; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC. 
  • Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, para o cal terá que presentar o DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
  • As persoas que non comuniquen nos enderezos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar en futuras repeticións desta iniciativa na presente temporada.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings