QUEIXA: ROMA OU MORTE, de Brigitte Vasallo

Queixa: Roma ou morte é unha conferencia escénica de Brigitte Vasallo dirixida por Gena Baamonde

☉ Sala de exposicións de NORMAL. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
☉ Xoves 1 de outubro de 2026 | 19:30h | Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo | Espectáculo para público adulto.


Combinando investigación, narración oral e literatura performativa, a peza aborda as diásporas campesiñas do sur de Europa e reflexiona sobre o desmantelamento da sociedade campesiña a mans da industrial. O epicentro está en Chandrexa de Queixa, de onde é filla Brigitte Vasallo, pero o espectáculo remonta tamén o río Llobregat para tocar as sociedades de chegada e o ecocidio resultante deste proceso. 

Interpretada pola propia Brigitte Vasallo e dirixida por Gena Baamonde, a peza convida ao público a reconsiderar os relatos hexemónicos sobre progreso e modernización, poñendo en valor os saberes e as culturas campesiñas. 

Queixa: Roma ou morte foi presentada en festivais e espazos culturais de referencia tanto no ámbito estatal como internacional, e creada co apoio das Residencias Paraíso do Colectivo RPM e coa bolsa da Academia de España en Roma 2024 

@la_vasallo | Vídeo

BIOGRAFÍAS

Brigitte Vasallo 

Creación, dramaturxia, textualidade e interpretación 

Escritora, investigadora e docente, foi titular da cátedra Mercé Rodoreda d’Estudis Catalans da universidade de New York (CUNY), artista residente da Academia de España en Roma 2023-2024 e docente do Màster de Gènere i Comunicació na UAB, do postgrado de Cultura de Paz da UB, e de LAP (Laboratori d’Art i Pensament) de Es Baluard Museu. 

É autora de Pornoburka, prologada por Juan Goytisolo, de Pensamiento monógamo, terror poliamoroso, de Lenguaje inclusivo e exclusión de clase, e do Tríptico do silencio, todas elas con edicións internacionais.

Dirixiu o I Festival de cultura txarnega de Barcelona, a terceira edición do congreso internacional Non Monogamies and Contemporary Intimacies e foi asesora internacional do CES da Universidade de Coimbra. Estreou tamén, como dramaturga, a investigación escénica Un corpo (posible) e lesbiano, en cocreación coa artista visual Alba G Corral. O seu último libro, A fosa aberta, foi publicado en Anagrama en 2026. 

Gena Baamonde – mullerona 

Dirección 

Doutora en Belas Artes, titulada en Arte dramática, dramaturxia e dirección de escena, e con formación en artes do movemento, igualdade, xénero e diversidade sexual. Estivo vinculada a Matarile Teatro, a Teatro Galán e ao festival de danza En pé de pedra. Foi artista residente co Centro Coreográfico Galego co proxecto Corpo-puta-vaca-berro.

Traballou tamén na asistencia de dirección e dramaturxia para o Centro Dramático Galego, Factoría, Disque Danza, A Artística, Helen Bertels e Voadora. Fundou a compañía María a Parva, coa que estreou os espectáculos Mullerona e Xogo para nenas e indignos, dos que escribiu os textos e asumiu a dirección.

Forma parte da creación e dirección de diversos proxectos de A Artística, Desmemoriados e Arquitectura da Emoción. Dirixiu Elisa e Marcela da compañía A Panadaría. Traballa xunto con Andrea Quintana no colectivo VACAburra. Actualmente codirixe a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings