Club de Lectura 2026-27

Antía Yañez
Fotografia de Distrito Xermar

Datas de inscrición: do 23 de setembro ata o 2 de outubro 

Días de realización: mércores, de 18:00 a 20:00 horas (periodicidade quincenal) 

Ler adoita considerarse unha actividade solitaria, pero ficar só con ese aspecto é perder a outra metade: a da socialización da lectura. A literatura alimenta, máis tamén ten que ser alimentada. 

No club de lectura de Normal, que se reúne os mércores de 18 a 20 horas de xeito quincenal, comentamos o libro lido na casa (temática, estilo, acción, personaxes, sensacións…) fomentando o debate san e a participación de persoas moi diversas. Non se pretende facer unha análise exhaustiva da obra, senón incrementar o pracer da lectura transcendendo do individual ao colectivo e descubrindo novos puntos de vista. As obras e autores e autoras a ler escolleranse atendendo á súa importancia, pero tamén á variedade: diferentes países e linguas de orixe, en galego e castelán, novela, ensaio, cómic, teatro… Libros que ao mellor ti nunca escollerías poden converterse no teu favorito. 

DÍAS DE REUNIÓN 

  • Mércores, 14 de outubro 
  • Mércores, 28 de outubro 
  • Mércores, 11 de novembro 
  • Mércores, 25 de novembro 
  • Mércores, 09 de decembro 
  • Mércores, 13 de xaneiro 
  • Mércores, 27 de xaneiro 
  • Mércores, 10 de febreiro 
  • Mércores, 24 de febreiro 
  • Mércores, 10 de marzo 
  • Mércores, 31 de marzo 
  • Mércores, 14 de abril 
  • Mércores, 28 de abril 
  • Mércores, 12 de maio 
  • Mércores, 26 de maio 
  • Mércores, 09 de xuño 


No botón inferior podes facer a túa

Antía Yáñez  

Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola UDC, na actualidade dedícase á escrita e á docencia. Algunhas das súas obras son O misterio de Portomarín (Galaxia, 2016), O misterio do torque de Burela (Galaxia, 2019), Senlleiras (Premio Illa Nova 2018, Galaxia), A Reconquista (Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, Baía Edicións, 2018), Be Water (finalista I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, Cuarto de Inverno, 2019) e Be Water II (2025), Plan de rescate (Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, incluída na lista IBBY, Xerais, 2020, traducido a castelán e catalán), Non penses nun elefante rosa, publicado en galego por Xerais e en castelán e catalán por Contraluz (2022) e O clan das barbies (Xerais, 2024; traducida a catalán e castelán en Contraluz). En 2026 publicou A eiruga rabuda (Xerais) e Bragakadabra (Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil, Xerais). 

É membro do comité de redacción da revista Luzes e cos seus traballos no eido xornalístico gañou os premios Johan Carballeira(2022) e As mulleres que opinan son perigosas (2024). É finalista do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego 2026. 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings