Comisariado
Pablo Peinado
Asesoramento
Narciso de Gabriel
Elisa e Marcela foron Mario e Marcela ante o altar e ante a cámara do estudo de Sellier, o fotógrafo. Acabaron descubertas e a noticia alimentaría durante meses a curiosidade maliciosa da prensa en Galicia, España e Portugal. “Matrimonio sen home”, escribían. Eran a muller barbuda, era un espectáculo de feira, motivo para disquisicións morbosas sobre as patoloxías sexuais e as neuroses femininas. Quixeron fuxir, mais todo era cada vez máis difícil. Maletas desfeitas na Coruña, en Porto, en Bos Aires, en México… Normal trae de volta a Marcela e Elisa, antigas estudantes da Normal. Dámoslle tamén a volta á súa historia: unha historia tráxica de amor e de fuxida. Acaso, unha simple historia de amor.
Horarios: Luns a venres de 11 a 22 horas, e sábados de 11 a 21 horas
22 NOV / 31 XANEIRO (2012)
ORGANIZA E PRODUCE: NORMAL
PATROCINAN: INSTITUTO DA MULLER, FONDO SOCIAL EUROPEO, CONCELLO DA CORUÑA
COLABORAN: A CORUÑA VISIBLE, DEPUTACIÓN DA CORUÑA E MUPEGA
COMISARIADO: PABLO PEINADO
ASESORAMENTO: NARCISO DE GABRIEL
DIRECCIÓN DE ARTE: SUSO MONTERO
AXUDANTE DE ARTE E PRODUCIÓN: MARIA VILLAS
PLAN DIDÁCTICO: NORMAL E CREARTE
DESEÑO GRÁFICO: JULIA NÚÑEZ
Actividades complementarias: – Plan de didáctica de visitas guiadas e obradoiros en centros de ensinanza secundaria e centros cívicos. – Ciclo de Cine: Marcela e Elisa. (Á Volta D) O Lesbianismo No Cinema.
Plan de didáctica de visitas guiadas e obradoiros de videoarte en centros de ensinanza secundaria e centro cívicos
NORMAL, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, trae de volta a Marcela e Elisa, mestras e antigas estudantes de NORMAL, e convídavos a coñecer a súa historia de amor e a reflexionar cos vosos est sobre ela a través de visitas dinamizadas á mostra e obradoiros de videoarte cuxo resultado será estudantes despois proxectado en NORMAL.
Visitas dinamizadas á exposición
Un educador especializado fomenta o diálogo cos rapaces a partir das pezas da mostra (fotos, instalacións, audiovisuas…) que relatan a historia de Marcela e Elisa para conseguir clarexar algunhas dúbidas.
Sexo, xénero, identidade e orientación sexual… aínda cres que son a mesma cousa?
nSabes? Realmente, este mundo non é só “hetero”
Cantas formas de homofobia coñeces?
Discriminación? Non, grazas
N.º de participantes por visita: 30/grupo ou aula
Duración: 75 min aprox.
Facilítase material educativo para a súa lectura na aula antes de realizar a visita a NORMAL.
Obradoiros de videoarte
De entre os grupos que visiten a exposición, cinco centros educativos terán a oportunidade de realizar ben na aula ou ben no mesmo espazo de NORMAL un obradoiro que emprega disciplinas de creación contemporánea como a acción, a performance, a poesía e o vídeo. Imaxes procedentes da mostra e outras de arte contemporánea, a música, os cadáveres exquisitos… serán o detonante para a elaboración dun texto en grupo sobre o que para os rapaces significa a igualdade con independencia da orientación sexual das persoas, as situacións que mudarían no mundo que os rodea e a súa propia visión sobre esta realidade en clave actual.
Despois do traballo como guionistas os rapaces converteranse en actores e actrices para interpretaren ese texto a través da imaxe empregando recursos variados, como transformar o seu xénero e mudar os roles que a sociedade nos debuxa a través de elementos moi básicos na caracterización. Este proceso será gravado, producido e finalmente proxectado na sala de exposicións de NORMAL como un elemento máis da mostra que poderá ser contemplado por calquera visitante e por suposto polos seus protagonistas.
N.º de participantes por visita: 30/grupo ou aula
Duración do obradoiro de videoarte: 3 h aprox.
Crearte Servizos Culturais é a empresa encargada do proxecto educativo. Para facerdes a reserva da vosa visita remitide un correo electrónico ao seu enderezo electrónico en que indiquedes:
As datas en que se quere facer a visita (ata o 31 de xaneiro de 2012)
O nivel educativo dos rapaces
O centro educativo, con teléfono de contacto
A persoa de contacto
RESERVAS: info@creartesc.es
Máis información: Teléf. 881 913 055
Actividades gratuítas
Ciclo de Cine: Marcela e Elisa. (Á Volta D)O Lesbianismo No Cinema
Presentamos un ciclo sobre o lesbianismo no cinema que, desde unha perspectiva poliédrica, pretende abranguer unha ampla variedade de enfoques sobre o tema. Partindo da premisa da calidade artística dos filmes, que en ningún caso son simplemente un medio para vehicular un discurso reivindicativo, senón textos esteticamente complexos e ricos, facendo boa a premisa de Jean-Luc Godard de que «non hai que facer filmes políticos, senón facer politicamente os filmes» e tratando de evitar os tópicos ao uso neste tipo de ciclos temáticos, poderemos ver algunhas das achegas máis importantes da vangarda europea e norteamericana dos anos 60 (Fassbinder, Vera Chitylová, Kenneth Anger), unha das primeiras aproximacións ao tema por parte do Hollywood posclásico (A calumnia, William Wyler), escrito pola guionista e dramaturga lesbiana Lillian Hellman, ou as curtas da chamada nai do cine feminista Maya Deren e o impactante e descoñecido achegamento dun dos pais da modernidade xaponesa en Paixón, de Yasuzo Masumura.
NOVEMBRO
24 NOV A CALUMNIA. William Wyler, 1961.
DECEMBRO
1 DEC AS MARGARIDAS. Vera Chitylová, 1966.
XANEIRO
12 XAN PAIXÓN. Yasuzo Masumura, 1964.
19 XAN SESIÓN DE CURTAMETRAXES:
-
- Meshes of the Afternoon. Maya Deren, 1943
- Two Women. Man Ray, sen data
- Inauguration of the Pleasure Dome. Kenneth Anger, 1954-56.
26 XAN GO FISH. Rose Troche, 1994.
FEBREIRO
2 FEB AS AMARGAS BÁGOAS DE PETRA VON KANT. R. W. Fassbinder, 1972.
As proxeccións terán lugar os xoves indicados, ás 20.00 h.
•Entrada libre até completar a capacidade.
•Presentación e textos dos filmes.
