Éxodo

✴︎

16/05/2018

26/07/2018

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

Apertura o 16 de maio

Peche o 26 de xullo

A principios do século XXI, 41 millóns de persoas atopábanse en situación de desprazamento forzado en todo o mundo. Dezasete anos despois, o documento de ACNUR “Tendencias Globales 2016” pon de manifesto que, a finais dese ano, aproximadamente 65,6 millóns de persoas eran vítimas do desprazamento forzado polos conflitos, a persecución, a violencia ou as violacións dos dereitos humanos. A cifra máis elevada xamais rexistrada. Isto supón un arrepiante incremento de case 25 millóns de persoas no que vai de século XXI, das cales máis do 50 % son menores de idade.

A resposta dos países de acollida foi moi diferente e diversa. En particular, a da Unión Europea, potenciada pola Declaración UE-Turquía do 18/03/2016, levou os solicitantes de asilo a arriscar as súas vidas e chegar por medios irregulares en busca dun futuro. A omisión de responsabilidades e a indiferenza provocou que, desde o primeiro momento, a sociedade civil sexa a promotora dunha resposta necesaria por parte da cidadanía para paliar as deplorables condicións que soportan os desprazados.

Con todo, tras varios anos de mobilización social, a incidencia política e o traballo de miles de persoas e asociacións, aínda hoxe existen miles de familias retidas en campos de refuxiados e pasos fronteirizos en condicións máis que precarias.

O labor de sensibilización e visibilización é, se cabe, máis necesario agora que este feito perdeu presenza nos medios de comunicación, os cales apenas se fan eco das terribles condicións que aínda soportan todas as persoas atrapadas. Máis que nunca consideramos necesario incidir na concienciación desta realidade oculta e a historia silenciada de todas as súas vítimas.

Neste sentido, ÉXODO pretende poñer o foco de atención neste movemento migratorio, na intervención e respostas por parte dos diferentes países e as súas consecuencias e, sobre todo, nas vivencias e perspectivas das persoas afectadas.

Entre 2013 e 2018 os responsables deste proxecto realizaron labores de colaboración con organizacións humanitarias, visitas de identificación e labores de visibilización en campos de refuxiados e rutas de tránsito en Xordania, Líbano, Macedonia, Croacia, Eslovenia, Serbia, Hungría, Grecia, Austria e Francia.

Partindo dunha dimensión acorde cun dos maiores éxodos migratorios da historia, que superou por primeira vez as cifras de persoas desprazadas desde a Segunda Guerra Mundial, o proxecto aspira contribuír á información que a cidadanía posúe sobre a problemática do refuxio e o desprazamento forzoso, á vez que realizar unha campaña de visibilización e sensibilización da devandita situación.

Patricia Muñiz, Cristina Botana e Rocío Botana
Comisarias da exposición

Actividades complementarias

As comisarias de ÉXODO ofrecen visitas guiadas de balde para que as persoas interesadas poidan coñecer o que se agocha detrás das historias reflectidas na exposición.

Tamén haberá conferencias con expertos para concienciarnos máis ao fondo sobre esta dramática situación no Cubo da Normal.

5 de xuño

Ás 18h. Visita guiada.
Ás 19h. 
Conferencia na Sala Cubo:

“Refugiados, inmigrantes y sujetos etno-raciales del Imperio”

Con Ramón Grosfoguel da Universidade de California.

Ás 20h. Conferencia na Sala Cubo:

“Refugiados no próprio país: mudar o sistema, não mudar o clima”

Na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente con Marcos Sorrentino e Simone Portugal da Universidade de São Paulo.

20 de xuño

Ás 19h. Visita guiada.
Ás 20h. 
Conferencia na Sala Cubo:

“Rohingya: una limpieza étnica de manual”

Na conmemoración do Día Mundial do Refuxiado con Ari Chas (documentalista).
 

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings