As tácticas do adversario

✴︎

28/10/2013

30/01/2014

✴︎

NORMAL Campus de Riazor

Artistas

Fernando Sánchez Castillo, Iratxe Jaio, Klaas van Gorkum, Mohamed Bourouissa, Jennie Livingston, Cyprien Gaillard, Carme Nogueira, Núria Güell, Mladen Stilinovic

Comisariado

Manuel Segade

Un proxecto que se presenta como un campo de intervención e de mediación entre a cidadanía posta en pé, a necesidade de potenciar unha arte que sostén e urxe unha democracia radical cara á transformación e a subversión dos paradigmas hexemónicos.

 

A táctica do adversario vese desvelada nestas pezas de videoarte que amosan espazos activos, conflitivos e opostos á aceptación da norma. As propostas destes artistas internacionais deseñan un abano de tácticas que pretenden activar a tensión política que o espectador, como cidadán, constrúe mediante o debate, a negociación ou a confrontación.

NORMAL, nestes momentos de crise e de interrogantes, transfórmase máis que nunca nun espazo común, experimental, aberto á cidadanía e xerador de políticas culturais críticas.

 

Comisariado e coordinación: MANUEL SEGADE

 

8 ESPAZOS, 9 ARTISTAS

 

1. A UNIVERSIDADE
Fernando Sánchez Castillo
Arquitectura para el caballo (2002)
Vídeo en DVD 5’30”. Cortesía do artista.

Neste traballo, Fernando Sánchez Castillo (Madrid, 1970) amosa a entrada dun home traxeado a cabalo na Universidade Autónoma de Madrid, concibida para a represión tanto como para o ensino: o edificio foi deseñado para permitir a circulación libre da policía montada polo seu interior.

2. O CENTRO COMERCIAL
Iratxe Jaio + Klaas van Gorkum
Tiempo muerto (2008)
Videoinstalación: Barakaldo Zombiewalk e Overvecht Zombiewalk. Cortesía dos artistas.

Tomando ao zombi como o personaxe ideal para un xogo de rol sobre a vida na cidade moderna, os artistas organizaron dúas marchas zombis, invitando os residentes dos barrios a un mórbido desfile cara aos centros comerciais locais, onde os participantes sorprenderon os clientes nunha acción colectiva a medio camiño entre a performance, a deriva e o teatro de rúa. Jaio (Bizkaia, 1976) e Gorkum (Delf, 1975) realizaron esta Marcha Zombi primeiro en Overvecht, un suburbio de Utrecht, e despois en Barakaldo, un municipio da área metropolitana do Gran Bilbao, o 14 de xuño de 2008. A lectura do consumidor como zombi supón unha aceda, lúdica e colaborativa resignificación da comercialización do espazo público das cidades.

3. O BANCO
Mohamed Bourouissa
All-in (2012)
Vídeo 4’56”
Cortesía do artista e da Galerie Kamel Mennour, París.

Bourouissa (1978, Arxelia) toma o diñeiro como asunto central en Todo incluído, un vídeo filmado nos salóns do palacio da Moeda de París e a fábrica de Pessac, onde se fabrican as moedas correntes do euro, que ten a estrutura dun videoclip. Coa canción Foetus de fondo, vemos o proceso de produción dunha moeda coa efixie dun dos máis coñecidos rapeiros franceses: Booba. A suma entre a subcultura social do rap, o diñeiro e o éxito social únense no soño da moeda propia, o dun euro onde calquera con poder adquisitivo para pagalo pode figurar nel.

 

4. O BAR
Jennie Livingston
Paris is Burning (1991)
Filme documental 71’.

 

Mítico documental sobre a historia dos clubs de voguing en Nova York a finais dos anos 80. Este mundo dentro dun mundo resulta inmediatamente familiar e reproduce, nunha comunidade hispana, negra e homosexual, os desexos e ambicións da propia América. O filme explora asuntos como o racismo, a homofobia, a SIDA, nun retrato íntimo dunha comunidade urbana reunida no seu circuíto de bares propio, onde se mesturan a moda, o estatus e o baile nunha reversión das regras sociais do resto da cidade, nunha afirmación da comunidade, doutros modos de relación amorosa, da aceptación e da alegría.

5. O ARRABALDE
Cyprien Gaillard
The Lake Arches (2007)
Vídeo 1’37”. Colección CV.

Na obra de Cyprien Gaillard (París, 1980), que toma como escenario Les Arcades du Lac, un complexo residencial realizado sobre un lago artificial en 1981 polo arquitecto catalán Ricardo Bofill en Yvelines, un personaxe lánzase á auga para sufrir un accidente ao golpearse contra o fondo. Esta acción torpe é, en realidade, un retrato do fracaso dun modelo de arquitectura que aínda nos anos 80 pretende facer real o soño utópico da vivenda moderna, mais tamén da cidadanía que o habita: o complexo, coñecido como “Versalles para o pobo”, mantén unha relación inadecuada e violenta coa poboación que o habita.

 

6. O CENTRO
Carme Nogueira
La citoyenneté. El centro en desplazamiento II (2012)
Instalación de 4 vídeos e 4 publicacións. Cortesía da artista.

 

Carme Nogueira (Vigo, 1970) inicia este proxecto en 2011 cunha bolsa de Montehermoso, organizando visitas guiadas a diferentes puntos de París e provocando un desfase entre o escenario público e a súa historia, como un ventrílocuo actual dos seus protagonistas no pasado. Sucédense catro escenas: o discurso de De Gaulle en Arxel durante a Guerra de Arxelia é pronunciado pola artista no lugar en que en 1967 a policía parisina reprimiu as manifestacións dos arxelinos en París, onde morreron máis de 200 persoas; o discurso de Mitterand sobre o Ministerio da Cidade, que prevía terminar co problema da banlieue; un discurso da comuneira feminista Louise Michel en La Défense de París; e o dunha testemuña dos asasinatos do 67 ante a súa placa conmemorativa en Saint-Denis.

 

7. O FOGAR
Núria Güell
Intervención #1 (2012)
Vídeo, porta e contrato. Cortesía da artista e da Galería ADN, Barcelona.

 

No límite entre a produción artística e o activismo, Núria Güell (Girona, 1981) formouse en Cuba con Tania Bruguera. Intervención #1 (2012) céntrase nos desafiuzamentos, que en España acadaron os 58.241 durante 2012. Para esta obra, creou unha cooperativa que contratou un albanel que fora desafiuzado. A súa función sería desmontar as portas das vivendas baleiras que a Caixa de Aforros do Mediterráneo foi adquirindo en subasta tras ordenar a expulsión das familias que as habitaban. O modelo de contratación garantía impunidade ao traballador: a mesma estratexia que os bancos empregan para adquirir as vivendas desafiuzadas por un 50% do seu valor de taxación real. A finalidade do proceso é volver accesibles para o uso público eses espazos liberados.

 

8. O ARTISTA
Mladen Stilinovic
Artist at Work (1978)
Fotografía b/n 27,5×247,5 cm. Colección CGAC.

 

The Praise of Laziness (1993)
Papel con texto impreso, 40×30 cm. Colección CGAC.

 

Stilinovic (Zagreb, 1947) é un dos pais da arte conceptual da antiga Iugoslavia. En 1991, ante a caída do réxime no seu país, recuperou imaxes da súa etapa conceptual onde el mesmo se fotografía mentres dorme para vinculalas a un manifesto escrito a favor da preguiza. Entre dous réximes –prohibida a súa arte conceptual polas súas connotacións políticas durante a ditadura de Tito e sen lugar na apertura ao sistema da arte occidental-, Stilinovic expón a improdutividade da preguiza como a única maneira de salvar ambos os sistemas de produción (o capitalista da actividade máxima e o comunista do traballo comunitario obrigatorio) e como tarefa do artista.

 

A entrada á exposición é libre e gratuíta.
O horario da sala de exposicións é de 11h a 22h, de luns a venres.

Ligazón a UDC TV: https://tv.udc.gal/videoplayer/59faefde11cad15f548b476d?autostart=true&track_id=59faf5ee11cad166548b474d

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings