A Galicia Deseñada. Símbolos, marcas e identidades gráficas

✴︎

14/10/2022

13/01/2023

✴︎

NORMAL Campus de Riazor
 

Comisariado

 Marcos Dopico Castro, Cibrán Rico López, Suso Vázquez Gómez 

A exposicición poderase visitar a partir do venres 14 de outubro ás 20.00 h. e até o día 13 de xaneiro de 2023

A Galicia deseñada é un relato sobre a cultura e a historia do deseño galego elaborado a partir dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas.que nace co obxectivo de contribuír a fixar unha historiografía do deseño galego, ofrecendo un primeiro catálogo razoado de traballos realizados no noso país que poida funcionar como documentación de referencia e consulta para as deseñadoras e deseñadores actuais e futuros. 

 Aínda que a mostra está organizada a través de cinco períodos históricos coa vontade de establecer unha secuencia narrativa coherente (antecedentes, industrialización, autarquía, democracia e contemporaneidade), os exemplos de deseño seleccionados procuran constituír lecturas de continuidade entre diferentes momentos temporais, nunha interpretación da historia como relato e exercicio de construción colectiva. 

 De entre todas as profesións contemporáneas, o deseño quizais sexa unha das que mellor explique o zeitgeist do presente. Se a complexidade, un estado de aceleración permanente ou o seu carácter líquido son algunhas das características que definen o momento actual, o deseño, en esencia, busca interpretar o «complexo» para ofrecer solucións «simples». 

 Cada un dos símbolos, marcas e logotipos desta mostra teñen a capacidade de dar unha explicación sobre o momento en que foron creados. Son testemuñas da complexidade do «seu» presente e son, xa que logo, patrimonio. 

 Xa sexan problemas —ou necesidades— visuais, comunicativas, organizativas, de usabilidade, funcionais ou simbólicas, o deseño caracterízase por ofrecer respostas específicas a formulacións globais: pensar o concreto a partir do múltiple e o diverso. 

 Esa característica híbrida e integradora de factores e coñecementos dispares maniféstase tamén na súa consideración social: o deseño ubícase a medio camiño entre cultura e industria. 

 Pola capacidade de ser reflexo das ideas do presente —incorporando os coñecementos do pasado—, pola actitude innovadora e resiliente que lle é propia, pola habilidade para crear metodoloxías e linguaxes que transcenden en moitas ocasións o seu ámbito propio de actividade, o deseño é, claramente, cultura e, máis aínda, territorio, paisaxe e identidade. 

 Pola incidencia comprobada do deseño nos sectores produtivos e económicos, polo seu carácter transdisciplinar e a súa vontade de ofrecer solucións que melloren os produtos, sistemas, servizos, experiencias ou negocios, o deseño é, tamén, industria. 

 Os deseños seleccionados e presentados nesta mostra transitan de xeito exemplar nesa dupla consideración de artefactos culturais (ideas) e instrumentos industriais (materialidade). Interpretar o deseño como o resultado da interacción entre unha «idea» e súa «materialidade» promoveu que a mostra non se artelle só a través da representación gráfica dos símbolos, marcas e identidades e que, de maneira complementaria, se mostren tamén exemplos de gráfica aplicada. 

 A mostra permite, tamén, comprobar a evolución na consideración e nos requirimentos que a sociedade demandou, en cada momento histórico, aos «signos» de identidade: de símbolos en que a súa forma concreta non comportaba significado, pasando pola construción precisa de formas gráficas asociadas a un programa simbólico, á elaboración de plans completos de identidade corporativa aplicada a diferentes soportes, ata chegar ao momento actual, onde as identidades se configuran máis como sistemas e estratexias, que abrazan a flexibilidade e a variabilidade pola súa capacidade para ofrecer identidades máis funcionais e mellor adaptadas ás necesidades de comunicación contemporáneas. 

 A Galicia deseñada quere ser, en último termo, unha oportunidade para a celebración do deseño como ferramenta ao servizo da sociedade. 

Comisarios: Marcos Dopico Castro, Cibrán Rico López, Suso Vázquez Gómez 

Actividades complementarias:

Martes, 8 de novembro 19:30CharlaE logo que? Símbolos e logos de Barro Formulario de inscrición para asistirPepe BarroXoves, 17 de novembro 19:30ColoquioCírculos e cadrados, deseñar tamén é unha cuestión de xénero Formulario de inscrición para asistirRaquel Boo, Nuria Carballo, Thais Suárez, Lía Santana, Uqui PermuiXoves, 24 de novembro 19:30CharlaNunca Máis (2002-2022). Quando o desenho conecta emocionalmente Formulario de inscrición para asistirXosé María TornéXoves, 1 de decembro 19:30CharlaO Estudio Quid (1971-73), o deseño gráfico portugués en Vigo e a súa pegada Formulario de inscrición para asistirJosé Luis MateoXoves, 12 de xaneiro 19:00ColoquioDeseñar o deseño galegoPepe Barro, Xosé Díaz, Xosé Salgado, Lía Santana, Xosé María Torné

 

 

Publicado por: Cultura

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings