3° ENCONTRO DENTRO—FÓRA ARTE CONTEMPORÁNEA EN GALICIA

Lugares:

1 NORMAL
Espazo de Intervención Cultural [UDC]
2 Conservatorio Superior de Música da Coruña

Data:

18—12—2025
Horario 11:00h. — 19:15h

Info:

O programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ, en
colaboración coa Universidade da Coruña a través de NORMAL. Espazo de Intervención Cultural, artéllase como un espazo para fortalecer o ecosistema cultural e ampliar as súas conexións con artistas vinculados ao territorio, tanto de Galicia como de fóra dela.

Cada edición concíbese como un espazo de encontro e construción de redes, onde artistas, institucións e comunidades se cruzan,
intercambian procesos e visibilizan prácticas que, na súa diversidade, revelan novas posibilidades de colaboración, investigación e experimentación en Galicia. Este encontro é tamén unha plataforma para presentar as intervencións culturais, ambientais, sociais ou simbólicas desenvolvidas, co fin de promover a reflexión crítica sobre a creación artística contemporánea e a súa relación cos contextos nos que se leva a cabo.

Nesta III edición do Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea
en Galicia preséntanse os proxectos desenvolvidos na edición anterior —Fermín Jiménez Landa e Blanca Gracia (con Faia Díaz)— xunto cos procesos en curso das persoas residentes actuais —Ibon Aranberri e Raphael Escobar—. Alén das presentacións individuais, o programa propón un marco para dialogar sobre territorios, ruralidades, memoria, arquivo, creación colectiva, afectos e transformación social

Mañá

11:00 – 11:15
Presentación III Encontro Dentro—Fóra. Arte Contemporánea en Galicia.

A cargo de Cristina Naya, vicerreitora de Cultura da Universidade da Coruña, e Susana González, directora do Centro de Arte FMJJ.


11:15 – 12:00
Raphael Escobar — Visita ao obradoiro O coro de sons

Raphael Escobar converte a arte nun acto de xustiza social: a través de intervencións, educación non formal e creación colectiva, dignifica persoas invisibilizadas de barrios populares, persoas sen fogar, usuarias de drogas e comunidades periféricas, esvaecendo os límites entre a institución artística e a vida cotiá.

Tras un proceso de investigación na Coruña, inicia un proxecto colaborativo invitando a persoas traballadoras de sectores habitualmente subalternos (limpeza, hostalaría, mantemento,
construción…) a conformaren un coro de asubíos e cantaruxadas, resignificando os seus ritmos, traballos e corpos como parte dunha performance comunitaria.


12:00 – 12:30 Pausa café

12:30 – 13:15
Ibon Aranberri — Visita ao obradoiro A trama rururbana

Ibon Aranberri retoma a súa investigación sobre a zona montañosa oriental de Galicia —desde o 2007— coa intención de revisar os arquivos e as localizacións orixinais para comprender as dinámicas contemporáneas entre o rural e o urbano, así como a relación entre quen habita o territorio e a súa propia experiencia en dous
tempos distintos. Con isto, propón unha reflexión crítica que integra historia, arquivo e espazo en diálogo.

O proxecto pon de relevo este carácter revisitado da súa obra: moitos dos seus traballos son concibidos como procesos abertos que se reactivan baixo unha nova perspectiva. Neste sentido, recuperar A trama rururbana, un proxecto inicialmente concibido para desenvolverse en Galicia en colaboración co CGAC e posteriormente abandonado, implica avaliar de novo a súa formulación, reabrindo a posibilidade de artellar outro tipo de conversa vinculada á memoria, ao territorio e ao cambio social e institucional no momento presente.


13:15 – 14:00
Fermín Jiménez Landa — Visita ao obradoiro Arder a auga

Partindo da experimentación con cementos desenvolvidos a partir de cunchas de moluscos e do acompañamento da profesora
Belén González Fonteboa, catedrática da Facultade de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC, Arder a auga reflexiona sobre a industria conserveira galega, os ciclos de residuos mariños e a capacidade da arte para intervir nos procesos materiais.


14:00 – 16:00
Xantar

Tarde

16:00 – 17:00
Conversa / Debate

Coa participación de Ángel Calvo Ulloa e Marta Mestre, comisarios e integrantes do comité de selección, xunto con Susana González.
A conversa convida o público asistente a debater de maneira crítica sobre o estado da cuestión.
O espazo procura activar un diálogo horizontal que permita contrastar perspectivas e ampliar o marco conceptual e operativo da creación artística en Galicia.


17:00 – 17:45
Blanca Gracia [CON Faia Díaz] — Egua nocturna

O proxecto explora a figura feminina como nutriz e transmisora de memoria, entrelazando maternidade, corpo, mitoloxía e imaxinarios
afectivos desde unha perspectiva contemporánea. A proposta fusiona animación experimental con tradición oral galega (nanas e romances).


17:45 – 18:30
Traslado ao Conservatorio Superior

18:30 – 19:15
Performance
Raphael Escobar — O coro de sons

No Conservatorio Superior de Música da Coruña. Performance colectiva que parte da creación dun coro de asubíos e cantaruxadas
con persoas traballadoras convocadas mediante carteis situados en zonas de tránsito laboral (porto, refinaría, estacións etc.). A participación retribúese mediante unha bolsa, grazas á redistribución dos honorarios de produción do artista, situando a colaboración e a comunidade no centro do proxecto. A proposta non é só artística, senón tamén política e social: ofrece unha oportunidade de visibilidade, retribución e cuestionamento das xerarquías culturais, dando voz a persoas traballadoras habitualmente excluídas do circuíto artístico institucional.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings