✴︎

03/11/2026

—

12/12/2026

✴︎

Centro Cultural Campus de Esteiro e NORMAL Campus de Riazor

Laboratorio de patrimonio material e inmaterial galego. Obradoiros outono 2026  

A Área de Cultura da Universidade da Coruña reúne catro obradoiros prácticos arredor do patrimonio material e inmaterial galego, con propostas centradas na música tradicional, na construción de instrumentos e na transmisión dos saberes que forman parte da memoria cultural de Galicia.

A Área de Cultura da Universidade da Coruña reúne catro obradoiros prácticos arredor do patrimonio material e inmaterial galego, con propostas centradas na música tradicional, na construción de instrumentos e na transmisión dos saberes que forman parte da memoria cultural de Galicia. A través do traballo de artesáns, intérpretes e investigadoras, o programa busca conectar o coñecemento académico cos saberes transmitidos polas comunidades, visibilizar o papel das mulleres na conservación do patrimonio e contribuír á súa difusión e continuidade entre as novas xeracións. 

As actividades, gratuítas, aínda que con inscrición previa desenvolveranse entre novembro e decembro de 2026 en NORMAL-Espazo de Intervención Cultural, no campus de Riazor, e no Centro Cultural Universitario, no campus de Ferrol. 

INSCRICIÓNS

Todos os obradoiros son gratuítos e requiren inscrición previa. As prazas son limitadas.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

1. Construción dun pandeiro cadrado, con Xosé Maceda 

Un obradoiro práctico en que cada participante construirá o seu propio pandeiro cadrado tradicional de pel cosido a man, aprendendo as técnicas básicas de elaboración directamente da man do artesán. Non é necesaria experiencia previa e facilitaranse todos os materiais e ferramentas. 

📍 A Coruña· NORMAL (aula 2.1)  

📅 Martes, 3 de novembro de 2026 

🕙 De 10.00 a 14.00 h  

👥 12 prazas

  

📍 FERROL· Centro Cultural Universitario (sala multiúsos)  

📅 Martes, 3 de novembro de 2026 

🕓 De 16.00 a 20.00 h  

👥 12 prazas 

Docente: Xosé Maceda 

Vinculado á música desde a infancia, Xosé Maceda formouse en percusión tradicional con músicos de referencia e desenvolveu unha traxectoria como docente e intérprete, entre outras formacións, no grupo Quempallou. Comezou a súa actividade como artesán en 2008 e especializouse na construción de instrumentos de percusión tradicional galega tras formarse na Escola-Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación de Ourense. Na actualidade, centra boa parte do seu traballo na elaboración de pandeiros cadrados e na reprodución de modelos antigos. 

2. Pandeiro cadrado na Terra das Frieiras, con Xulia Feixoo 

Unha viaxe pola memoria musical da Terra das Frieiras a través da historia de Concha do Canizo (Concha Luís, A Gudiña), unha das tocadoras máis emblemáticas do pandeiro cadrado. A partir de entrevistas, fotografías, transcricións e gravacións históricas, algunhas inéditas, o obradoiro afondará no repertorio e nas prácticas de transmisión oral desta zona, con especial atención ao legado das mulleres. 

📍 A Coruña · NORMAL (aula 2.1)  

📅 Xoves, 26 de novembro de 2026 

🕙 De 19.00 a 21.00 h  

👥 25 prazas 

Material necesario: pandeiro e/ou pandeireta. 

Docente: Xulia Feixoo

Percusionista, historiadora da música e etnomusicóloga, Xulia Feixoo investiga as músicas de tradición oral galegas, especialmente as interpretadas por mulleres. Forma parte do Cuarteto Caramuxo e da orquestra folc SonDeSeu, e desenvolveu unha ampla traxectoria como intérprete e investigadora. Entre as súas publicacións destacan Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro… e Concha do Canizo. Este pandeiro que toco…, dedicadas á recuperación e divulgación deste patrimonio musical. Participa tamén en iniciativas de investigación e conservación do patrimonio sonoro galego.

O prazo de inscrición remata o día 24 de novembro ás 9:00 h

3.  Achegamento ao canto tradicional acompañado con percusión de man, con Carme López Fernández

Unha proposta práctica de iniciación ou nivel medio para descubrir o repertorio vocal da tradición oral galega acompañado de instrumentos de percusión de man. A sesión combinará unha introdución aos ritmos, xéneros e instrumentos tradicionais coa aprendizaxe de melodías, nocións básicas de técnica vocal e unha aproximación ao contexto etnomusicolóxico das pezas. 

📍 FERROL · Centro Cultural Universitario (aula multiúsos)  

📅 Martes, 1 de decembro de 2026 

🕙 De 17.00 a 18.30 h  

👥 20 prazas 

Material necesario: un instrumento ou obxecto que poida empregarse como percusión de man, como pandeireta, cunchas, botella de anís ou tres culleres. 

Docente: Carme López Fernández

Intérprete, docente e investigadora especializada na música de tradición oral galega, Carme López é doutora pola Universidade da Coruña, cunha tese recoñecida coa cualificación cum laude e o premio extraordinario. Actualmente é profesora axudante doutora na Área de Educación Musical da Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación aborda a relación entre música tradicional, etnomusicoloxía, educación e perspectiva de xénero. Como artista, publicou os traballos Quintela e Vinde todas, este último baixo o nome de Carmela. 

O prazo de inscrición remata o día 30 de novembro ás 9:00 h

4. Imos á polavila! Unha viaxe á montaña ancaresa a través da pandeira, con Carolina Vázquez Castro 

 

Un achegamento á música de pandeira dos Ancares para coñecer o seu contexto xeográfico e cultural, aprender padróns rítmicos, técnicas de toque e melodías tradicionais, e descubrir a polavila como espazo de encontro e socialización. O obradoiro dará especial relevancia ás mulleres como transmisoras deste legado e explorará novas posibilidades para manter vivo o instrumento na actualidade. 

📍 A Coruña · NORMAL (aula 2.1)  

📅 Sábado, 12 de decembro de 2026 

🕙 De 11.00 a 13.30 h   

👥 15 prazas 

Material necesario: pandeira. 

Docente: Carolina Vázquez Castro

Mestra de música no ensino público, tocadora e cantadora, Carolina Vázquez Castro forma parte de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e conta cunha ampla experiencia na difusión e no ensino da pandeira. Participou na xira Galiza de Kepa Junkera, no proxecto Fuliada na Vila, dirixido por Richi Casás, e colaborou na elaboración da guía didáctica Axudádeme a cantar, editada polo Consello da Cultura Galega. 

O prazo de inscrición remata o día 10 de decembro ás 9:00 h

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings