NORMAL acolle dúas propostas de danza: “A vergonza era verde e comeuna a vaca” e “MONTE”

As pezas de Alicia López e Laboratorio Escénico poderanse ver o xoves 22 de outubro, ás 20:00 horas

NORMAL acolle o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 20:00 horas, unha dobre proposta de danza e artes escénicas contemporáneas coa presentación de A vergonza era verde e comeuna a vaca, de Alicia López, e MONTE, de Laboratorio Escénico.

As dúas pezas, concibidas para a rúa e para espazos non convencionais, exploran desde o corpo, o movemento, a palabra e a música cuestións relacionadas coa identidade, a liberdade, a memoria e a relación coa terra.

Os dous espectáculos están cofinanciados polas axudas á distribución escénica da AGADIC.

📅 Xoves, 22 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Sala de exposicións de NORMAL

MONTE · Laboratorio Escénico 

Danza contemporánea e teatro para rúa e espazos non convencionais 

«Ó sol, no monte, a terra respira.
E vou creando o meu camiño.
Levas todo o monte adentro».

MONTE pon en valor historias en feminino de Cuba e Galicia, dous territorios unidos por vínculos ancestrais, pola relación coa terra e pola experiencia migratoria.

A través da danza, a música e a palabra, a peza presenta unha muller que ben puido vivir a emigración de ida e volta: unha muller forte e sabia, coñecedora dos segredos do monte, das herbas, das lendas e das beberaxes, e profundamente vinculada á terra, aos tambores, á voz e á clave.

MONTE reivindica así a memoria desas historias e deses saberes que atravesan xeracións e territorios e que merecen ser contados.

Duración: 25 minutos.

A vergonza era verde e comeuna a vaca · Alicia López

Danza contemporánea e teatro para rúa e espazos non convencionais 

A vergonza tende a medrar. Engole canto ten diante.

A vergonza era verde e comeuna a vaca sitúase nese territorio en que o corpo se enfronta ás súas propias ataduras e busca a maneira de rachar con elas.

A peza fala da necesidade de afouteza para facer fronte á vergonza, loitar, liberarse, ser e mostrar aquela humanidade que permanecía escurecida e abafada.

Desde a danza e o corpo, Alicia López propón unha peza concibida para saír dos espazos escénicos convencionais e establecer unha relación directa co lugar e co público.

Duración: 10 minutos.

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros, para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Pode revisar a nosa política de cookies en calquera momento. View more
Cookies settings
Entendido
Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active

Política de cookies

Información xeral

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no teu computador ao acceder a unha determinada páxina web. As cookies permiten á dita páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Tipos de cookies

A UDC emprega cookies propias e de terceiros, podendo tratarse de cookies de funcionalidade ou cookies analíticas ou de rendemento. O uso destas cookies permítennos optimizar a túa navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos teus intereses, para proporcionarche unha experiencia máis áxil e intuitiva. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e o seu computador/dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer datos persoais.

Cookies propias

A UDC emprega cookies propias de funcionalidade que se utilizan para recoñecerche cando volvas acceder ao noso sitio web e permítennos ofrecerche funcións melloradas e máis personalizadas, tales como saudarche polo teu nome e lembrar as túas preferencias (p. ex., a túa elección de idioma ou rexión). Estas cookies recollen información anónima e non poden rastrexar os teus movementos noutros sitios web.

Cookies de terceiros

A UDC utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google Inc., que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.

Modificar a configuración das cookies

Podes restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no teu computador: A configuración do teu navegador para rexeitar todas as cookies ou, expresamente as cookies da UDC non che impedirá navegar pola páxina web, aínda que a dita navegación non poderá gozar das funcionalidades que requiran a instalación dalgunha delas, en concreto, as funcionalidades indicadas nas cookies propias.
Save settings
Cookies settings