A Universidade da Coruña dispón, para o seu alumnado, de 120 entradas dobres de balde para o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) do día 10 de outubro de 2026.
Data: Sábado 10 de outubro de 2026 ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Prazo de solicitude: venres 2 de outubro de 2026 das 14:00 ás 17:00 horas.
Para solicitar as invitacións haberá que cubrir o formulario que se atopa a continuación:
CALQUERA CONSULTA relacionada con esta repartición debe dirixirse aos enderezos electrónicos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal, ou aos teléfonos:
881 014 502, 881 013 697 ou 881 014 511 (quenda de mañá) ou 881 014 518 (quenda de tarde)
Unha vez cuberto o número de persoas necesarias para o reparto e para elaborar unha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
PROGRAMA:
ROBERT SCHUMANN
Concierto para violonchelo en la menor, op. 12
ANTONIN DVORAK
Sinfonía nº 7 en re menor, op. 70
Nicolas Altstaedt, violonchelo e dirección.
Recollida
As persoas que teñan dereito ás entradas recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas e os días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo no caso de existiren renuncias. As persoas que non reciban correo ningún é porque non teñen dereito a entrada.
Condicións
- Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar ata dúas localidades.
- A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
- Para a solicitude de entradas deberase acceder ao formulario co correo electrónico con dominio UDC que se lle facilita ao alumnado.
- Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2026/2027; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
- Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións, para o cal terá que presentar o DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
- As persoas que non comuniquen nos enderezos cultura.coruna@udc.gal ou cultura.ferrol@udc.gal a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar en futuras repeticións desta iniciativa na presente temporada.

