Obradoiro de 30 horas
Luns de 18:00 a 20:30 h.
O obradoiro de escritura creativa centrarase na aprendizaxe dos procesos que levan dende que xorde unha idea ata a conversión desa idea nun libro publicable: o traballo na propia idea, a planificación do proceso de escrita, a propia redacción do manuscrito, a corrección nas súas diferentes fases e as opcións realistas de publicación no mercado actual.
A metodoloxía mesturará o ensino de conceptos teóricos coa súa aplicación práctica na elaboración dun relato curto entre todo o alumnado. Na planificación, escritura, corrección e publicación deste manuscrito o alumnado poderá experimentar en primeira persoa os retos e satisfaccións que supón a escrita dunha novela.
Podes atopar máis información na páxina de
✴︎ Docente

Rocío Otero
Abril Camino leva máis de 20 anos vencellada ao mundo literario e editorial. Dende a súa etapa universitaria, dedicouse ás tarefas técnicas asociadas ao libro, como correctora, tradutora, editora, docente de cursos de narrativa, etc. Dende o ano 2015, ademais, é autora de máis de 20 novelas publicadas. A última delas, Mulleres que viven xuntas, gañou o Premio Xerais de Narrativa no ano 2025.
Nos cursos 2024-2025 e 2025-2026, impartiu os obradoiros de escritura creativa 1 e 2 en Normal, Centro de Intervención Cultural da UDC. .
