Obradoiro de 30 horas
Mércores de 18:00 a 20:30 horas
Obradoiro de técnica vocal e canto, aberto a toda a comunidade universitaria, con ou sen experiencia previa. A través de exercicios de respiración, colocación e proxección, cada participante descobre e desenvolve a súa voz, traballando repertorio tanto individual coma en grupo.
As sesións combinan técnica con interpretación e expresividade, buscando que cantar se sinta natural e gozoso. O curso culmina cunha mostra final en que o grupo comparte o aprendido, xa sexa en gravación xa sexa nun pequeno concerto aberto ao público.
O obradoiro ten como finalidade mellorar a técnica vocal de quen participe nel, abordando aspectos de respiración, proxección, colocación, interpretación e presenza escénica. A finalidade é coñecer o seu instrumento vocal e desenvolver o seu potencial, mellorar a interpretación e expresividade musical, adquirir ferramentas técnicas para o canto solista e en grupo, e aplicar a técnica en obras conxuntas, solistas e híbridas.
Podes atopar máis información na páxina de
✴︎ Docente

Daniel García Artés
Daniel García Artés (A Coruña, 1983) é director coral, compositor, pianista e profesor de técnica vocal. Dende 2014 dirixe o Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia, e dende 2015 imparte piano e técnica vocal en Rock School Coruña, onde tamén dirixe o Coro Gospel. Fundador e director do coro moderno O Acorde Secreto. Obtivo premios como a Bolsa Fernando Remacha ou no Concurso Bécquer de Música Coral, arranxou obras de Disney e orquestrou cancións de Xoel López para a OSG. Foi responsable da aula e obradoiro de música da UDC nos cursos 2024/25 e 2025/26.
