Obradoiro de 30 horas
Mércores de 17:30 a 19:00 h
Xoves de 17:00 a 18:30 h
Esta formación baséase na organicidade do corpo, partindo da relaxación e a mobilidade, desenvolvendo pautas de movemento para desbloquear distintas calidades corporais.
De forma paralela a este traballo, facilitaranse dinámicas de improvisación grupais co fin de adquirir consciencia da contorna que nos arrodea, dos nosos corpos e os seus límites
Podes atopar máis información na páxina de
✴︎ Docentes

Alicia López
Alicia López Méndez graduada en Belas Artes na UCM (2023) e diplomada en Dirección Audiovisual na Escola Treintaycincomm (2025). Ten experiencia como docente de danzas urbanas e danza contemporánea dende o 2015 en diferentes centros formativos. É bailarina e actriz dende hai catro anos, traballando con diferentes compañías galegas tal e como Nova Galega de Danza, Bengala Teatro Físico ou Nauta Teatro. Como docente, vese impulsada polo desexo de atopar espazos de diálogo coas persoas e a comunidade, a través da arte e da danza.
