Obradoiro de 30 horas
Luns de 16:00 a 18:30 h
Laboratorio de prácticas performativas e investigación teórica arredor da performance art feminista, a danza, as artes visuais e a linguaxe en relación cos estudos de xénero.
Neste laboratorio desenvolverase unha investigación práctica arredor do corpo e a linguaxe como ferramentas performativas. Dende unha perspectiva crítica sobre a súa semántica social dende un ángulo feminista, experimentarase co corpo a través do movemento e analizaranse conceptos e textos chave nos estudos da performance e de xénero
Podes atopar máis información na páxina de
✴︎ Docentes

Helena Salgueiro
Helena Salgueiro é directora escénica, poeta e performer. Formada en estadías co Instituto Grotowksi, co Odin Teatret, o Traverse Theatre, a Universidade de Edimburgo e a Universidade de Santiago de Compostela. Os seus traballos escénicos amosáronse internacionalmente en festivais e espazos como o Centro Nacional de Danza Dance Base de Escocia (“Nortear”), o Festival Contradança de Portugal (“Ferro, Federici”) e coproducidos polo Centro Dramático Galego (“Come and Go”). Autora dos poemarios Intermitencia da cidade (2013), As Flores (2016), SORA (2025), Amor Palimpsesta (2026) e da obra de teatro Todas as Illas son unha illa (2021). Dirixe a compañía Columna Balteira.
